Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

BO NADAL

A Escola pecha por vacacións de Nadal dende o día 22 de decembro ata o 8 de xaneiro ambos os dous inclusive.

Os vosos profesores: Carlos Gulías Carrillo, María Ferrer Vázquez, Elisa Costoya Rodríguez, Jorge Rey Barca, Damián Cairo Touriño, Francisco Javier Álvarez Mata e Carlos Pintor Iglesias vos desexamos:

¡ BO NADAL e un mellor ANINOVO 2012 !

CIRCULAR 11/003

O vindeiro 21 de decembro rematan as clases do primeiro trimestre do curso 2011/2012. O período de vacacións de Nadal abranguerá dende o 22 de decembro ata o 8 de xaneiro ambos os dous inclusive. O calendario escolar ao completo se pode ver no taboleiro como tamén na web da Escola.

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderáse dende o día 9 de xaneiro ata o 3 de febreiro ambos os dous incluídos. A forma de pago é o de autoliquidación no banco ou en tesourería na Casa do Concello para importes inferiores a 60 €. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:30 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Luns e Venres (10´00-11´00 horas)

Dirección
Martes (10´00-11´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberáse entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.

Por outra banda, quedan expostos na web coma tamén no taboleiro da Escola, o Calendario das Agrupacións Instrumentais para o segundo trimestre das distintas formacións: Banda de Música Magariños, Ensamble de Clarinetes, Ensamble de Saxofóns, Orquestra de Frautas e Orquestra de Guitarras.

Finalmente, dende a Escola e dende o claustro de profesores vos desexamos que pasedes unhas Boas Festas e un mellor Aninovo 2012.

AUDICIÓNS | PRIMEIRO TRIMESTRE 2011/2012

Entre os días 14 e 17 de novembro celebraránse as audicións correspondentes co primeiro trimestre deste curso 2011/2012. Coma novidade importante nestas audicións, será a participación nelas do alumnado do PEX do Nivel I. Ademáis, os alumnos de Obradoiro Pre-Iniciación Musical tamén terán que participar.

O calendario destas audicións será o seguinte:

- Audición 1 | Luns 14 | Hora: 18:30-19:00.
- Audición 2 | Martes 15 | Hora: 18:30-19:30.
- Audición 3 | Mércores 16 | Hora: 18:00-19:00.
- Audición 4 | Xoves 17 | Hora: 18:30-19:30.

As audicións son obrigatorias para o alumnado do PEX xa que forma parte da programación curricular. Par coñecer a relación de alumnos nas distintas audicións visualiza a sección Áreas | Comunicación | Calendario Audicións.

Por outra banda, as clases que coincidan total ou parcialmente quedarán suspendidas xa que todo o profesorado estará de tribunal nas audicións.

AXENDA ARTÍSTICA | PRIMEIRO TRIMESTRE 2011/2012

A Axenda Artística para o primeiro trimestre deste curso 2011/2012 terá coma protagonista a producción propia coma a producción allea á Escola.

Por un lado, no que atinxe a programación propia da Escola, dende o 14 ao 18 de novembro terá lugar as primeiras audicións correspondentes ao primeiro trimestre deste curso 2011/2012. Nas audicións participarán os alumnos correspondentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) tendo coma sede a Escola Municipal de Música Magariños. O desenvolvemento das audicións terá lugar en catro sesións pasando por todos os niveis educativos, dende o Nivel I ata o Nivel III. O acceso será limitado ao alumnado do centro. Máis información na sección Área | Comunicación | Calendario Audicións onde poderáse atopar o calendario e a relación de alumnos participantes.

Por outra banda, como xa é habitual nestas datas de celebración musical, o centro contará coa producción das III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011. Nesta edición contará co seguinte cartel:

1. Curso Iniciación á Percusión. Profesor: José Vicente Faus Faus, timbal da Real Filharmonía de Galicia.
2. Conferencia da Música Tradicional Galega nos séculos XIX e XX. Ponente: Pablo Carpintero.
3. Concerto Didáctico do grupo de metais "Santa Cecía".

Mais información sobre as III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011 pinchando aquí.

III XORNADAS MUSICAIS | SANTA CECÍA 2011

PROGRAMACIÓN
As III Xornadas Santa Cecía 2011 terán lugar entre o 19 de novembro e 26 de novembro. Nesta edición 2011 as Xornadas contarán coa seguinte programación:

Curso "Iniciación á percusión"

DÍAS: 19 e 26 de novembro.
HORARIO: de 9:00 a 14:00 horas.
PROFESOR: José Vicente Faus Faus, percusionista da Real Filharmonía de Galicia.
INSCRICIÓN: ata o 18 de novembro na Escola Municipal de Música Magariños.

Concerto didáctico "Os son dos instrumentos de vento-metal"

Grupo de Metais Santa Cecía

DÍAS: 22 de novembro.
HORA: 20:00 horas.
ESPAZO ESCÉNICO: Casa da Cultura (sala de exposicións).

Entrada de balde ata completar aforo.

Conferencia "A música tradicional galega nos séculos XIX e XX"

Pablo Carpintero Arias

DÍAS: 21 de novembro.
HORA: 20:00 horas.
LUGAR: Aula 6 da Escola Municipal de Música Magariños.

Entrada de balde ata completar aforo.

DOCUMENTACIÓN

- Impreso matrícula curso "Iniciación á Percusión".
- Díptico.
- Cartel.

INFORMACIÓN

ESMU Magariños | Área de Producción
Av. Santa Minia, nº 70
15865-Brión (A Coruña)
Tlf. 981 509903 | Fax 981 509969
escolamusica@briondixital.org
Web das III Xornadas Musicais Santa Cecía

SUSPENSIÓN DAS CLASES O 26 DE SETEMBRO

A Escola Municipal de Música Magariños suspende as clases para o día 26 de novembro por motivo da celebración da Romaría de Santa Minia. A Escola, que se atopa nas inmediacións da capela de Santa Minia nese día se topará con dificultades de accesibilidade e por iso será un día non lectivo que non se atopaba no calendario escolar 2011-2012.

Por outra banda, recordar que o martes 27 de novembro a Escola permanecerá pechada pola festividade local.

HORARIOS E LISTAS DE ADMITIDOS 2011/2012

A partir do 26 de xullo quedan publicados tanto na páxina web coma no tablón da Escola, o Concello e a Casa da Cultura os listados de admitidos e listas de agarda para o vindeiro curso 2011/2012.

Ademáis, están publicados os horarios das asignaturas colectivas coma os grupos das distintas asignaturas complementarias impartidas dende a Escola:

- Música e Movemento.
- Pre-Conxunto Coral.
- Linguaxe Musical.
- Conxunto Coral I.
- Conxunto Coral II.
- Conxunto Coral (Adultos).

Por outra banda, tamén están publicados os horarios das agrupacións instrumentais para o primeiro trimestre do curso 2011/2012.

Pódese ver toda a información en secretaría e na área de comunicación.

REMATA O PRAZO DE MATRICULACIÓN CURSO 2011/2012

O pasado venres 15 de xullo rematou o prazo de matrícula para o alumnado de nova admisión ou tamén os alumnos activos durante o curso pasado que quixeron facer unha segunda especialidade instrumental.

Unha vez rematado o prazo de formalización de matrícula únicamente quedan vacantes as seguintes prazas que poderán ser cubertas fora de prazo ata o 15 de outubro:

- Trompeta/Fliscorno: 1 praza.
- Trombón: 1 praza.
- Tuba/Bombardino: 1 praza.
- Música e Movemento 3º: 8.
- Música e Movemento 4º: 5.
- Obradoiro Pre-Iniciación Musical: 7.

A formalización de matrícula nas prazas vacantes poderánse realizar en horario de secretaría.

RECOÑECEMENTO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A Orde do 13 de maio de 2011 e publicado no DOG Núm. 104 do 31 de maio de 2011, autoriza a inclusión da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Escola Municipal de Música Magariños acada así a avaliación de conformidade cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

O centro cumpre deste xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballando con moito éxito. O centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación que repercutirá na calidade do servizo prestado dende a Escola e, en definitiva, nos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños.

MATRICULA CURSO 2011/2012

A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso 2011/2012 para os alumnos de nova admisión.

O período de matrícula abrangue dende o 20 de xuño ata o 15 de xullo ámbolos dous inclusive. Os impresos e demáis documentación para a formalización da matrícula estarán a disposición dos interesados a partir do 20 de xuño na secretaría en horario de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres, e, os martes de 16:00 a 19:00 horas. Ademáis, estarán dispoñibles na web da Escola.

A matrícula na Escola Municipal de Música Magariños só a poderán cursar alumnos e alumnas empadroados no Concello de Brión. No caso de non ser cubertas as prazas ofertadas serán cubertas por alumnos non empadroados no Concello de Brión.

Os alumnos do curso pasado disporán da mesma praza que ocuparon o curso anterior e non terán que facer a matriculación. No caso de que o alumno solicite a matrícula nunha especialidade diferente á realizada no curso 2010/2011 admitiráse por baremo no período de matriculación de nova admisión.

Para os alumnos que se matriculan por primeira vez as solicitudes admitiránse en función das prazas vacantes e por baremo establecido no Regulamento de Réximen Interno. No caso de non poder contar cunha praza ao inicio do curso quedarán en lista de espera.

- Relación de prazas de novo ingreso 2011/2012.
- Normas Xerais de Matriculación.
- Impreso de Matrícula.
- Información Académica.
- Baremo (Regulamento de Réximen Interno).
- Taxas, descontos e becas (previstas).
- Díptico.
- Cartel.

VII CONCERTO FIN DE CURSO | CFC 2011

O vindeiro 28 de maio ás 11 horas na sala de actos do Centro Social Polivalente de Brión celebraráse o VII Concerto de Fin de Curso (CFC 2011).

Como cada ano a ledicia de ver aos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños dende os máis pequenos ata os máis maiores demostrando a súa valía enriba do escenario, enche de riqueza o escenario musical.

Os alumnos demostrarán o aprendido ao longo do curso escolar dende os matriculados en Música e Movemento ata os que teñen coma especialide un instrumento. En definitiva, unha festa do final deste curso 2010/2011.

O CFC 2011 desenvolveráse en tres partes comenzando cos alumnos do Nivel I, pasando polo Nivel II e ata os alumnos do Nivel III correspondentes á terceira parte do concerto. Haberá descansos e terán o seguintes horarios:

- 11:00 horas: Primeira parte.
- 12:00 horas: Segunda parte.
- 13:15 horas: Terceira parte.

I FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2011

O pasado venres 15 de abril os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños, deleitaron aos asistentes co I Festival de Música de Cámara 2011 (FeCam) organizado no Concello de Brión. O salón de actos do Centro Social Polivalente quedou pequeno para acoller as intepretacións duns intérpretes que amosaron o seu virtuosismo sobre o escenario, e, cunha gran maestría e musicalidade e ademáis, con moita de receptividade transmitida en aplausos polo público.

O FeCam desenvolveuse na súa xénesis cunha peza da Señora de la Cima e interpretada pola Banda de Música Magariños do propio centro, e, baixo a dirección musical do mestre Jorge Rey Barca. Continuou o festival con interpretacións de dúos, tríos, cuartetos, quintetos e ata sextetos que demostraron toda a súa valía enriba do escenario. O festival rematou cun trío de clarinetes interpretando tres pezas de distinta índole rítmica pero con moito color e virtuosismo artístico.

O FeCam, acolleu os distintos timbres nos que a Escola ven traballando, dende instrumentos como o piano ou a guitarra, ata instrumentos de vento-metal ou instrumentos de vento-madeira. Todos eles por separado e en conxunto conseguiron que música se fusionara para deleitar coa arte de facer música de cámara.

RESERVA DE PRAZA CURSO 2011/2012

A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2011/2012.

O prazo de formalización da reserva de praza abrangue dende o 1 de abril ata o 29 de abril. Poden realizar a reserva de praza os alumnos activos no presente curso 2010/2011 e queran continuar no vindeiro curso. No caso de que os alumnos antigos queran escoller unha nova especialidade instrumental que non cursaron no presente curso 2010/2011, terán que facer a matriculación no período de nova admisión no mes de xuño e xullo.

Información e solicitude:

- Normas xerais.
- Impreso de solicitude.

RECITAL DE VIOLONCHELO

O Departamento de Actividades Extraescolares da Escola Municipal de Música Magariños organiza un Recital de Violonchelo a cargo da intérprete Alejandra Díaz. O recital terá lugar no Centro Social Polivalente o próximo venres 8 de abril ás 20:00 horas.

Na actualidade, Alejandra Díaz realiza o seu último curso de licenciatura na Guildhall School of Music and Drama baixo as ensinanzas de Oleg Kogan. Alejandra atópase entre as chelistas máis destacadas da súa xeración en Londres, onde colaborou con músicos de renome tales como Gordan Nikolich, Tim Hugh, Sir Colin Davis e James Gaffigan, por nomear algúns.

Comenza a súa andaina musical en Galicia con Plamen Velev coma profesor. Anos despois obtén o diploma como becaria da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia (EAEM) e colabora coa Real Filharmonúia de Galicia en varias ocasións.

En 2010 Alejandra é seleccionada para formar parte da LSO Academy, o Wigmore Hall Chamber Tots e o Chamber Studio en Kings Place co Quartz Piano Trío.

Coma resultado da súa intensa actividade musical en Londres, en decembro de 2010, funda como violonchelista e directora artísticas, o Solo Artist Ensemble, unha orquestra de cámara de corda que xa empeza a adquirir crecente recoñecemento en Londres.

Alejandra recibiu master clases de numerosos violonchelistas internacionais da talla de Lluis Claret, David Etheve, Marcal Cervera, Pieter Wispelwey, Gary Hoffman, Alexandrer Baillie, Alexander Chausian, Pierre Doumenge e Stefan Popov, entre outros.

Coma entusiasta da música de cámara, Alejandra colaborou con pianistas profesionais en diferentes agrupacións e recibe clases regulares dos membros do Belcea Quartet, Caroline Palmer, Alastair Tait e Alasdir Beatson entre outros moitos.

Alejandra tocou en diferentes cidades de Italia, España e Inglaterra e realizou diversos concertos de gran repercusión no Barbican Hall, Wigmore Hall e St. Luke´s en Londres.

Recentemente foi admitida para estudiar no Máster en Estudos Instrumentais Avanzados (de solista) na Guildhall School of Music and Drama.

Alejandra toca un violonchello Apostol Kaloferor fabricado en Sofía, Bulgaria, en 1990.


PROGRAMA

- Suite para violonchelo solo nº 2 en Re M. J. S. Bach.
- Suite para violonchello solo nº 3 en Do M. J. S. Bach.

RECITAL DE GUITARRA CLÁSICA

O próximo 6 de maio ás 20:00 horas na Escola Municipal de Música Magariños o profesor do centro Damián Cairo Touriño ofrecerá un recital de guitarra clásica. O recital se desenvolverá na Aula 6.

Damián Cairo Touriño e natural da Coruña e formouse no Conservatorio de Coruña na especialidade de guitarra clásica. Ademáis e titulado pola The Associated Board of the Royal Schols of Music tamén na especialidade de guitarra.

PROGRAMA

Renacemento e barroco

-Cantiga de Alfondo X o Sabio.
-Españoleta (Gaspar Sanz).
-Minueto (Robert de Viseè).
-Capricho (J. A. Logy).

Romanticismo

-Lágrima (F. Tárrega).
-Adelita (F. Tárrega).
-Nocturno nº 1 (J. K. Mertz).
-Nocturno nº 2 (J. K. Mertz).

Época Moderna

-Adagio (Stèpan Rak).
-Preludio nº3 (H. Villa-Lobos).
-Preludio nº4 (H. Villa-Lobos).
-Estudios sinxelos (I ao VI) (Leo Brower).

I FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2011

O vindeiro 15 de abril dará lugar ao I Festival de Música de Cámara (FeCam) organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. O festival corerrá a cargo do alumnado do centro e pertencente ao PEX (Plan Educativo Xeral), e se desenvolverá no auditorio do Centro Social Polivalente ás 20:00 horas.

Con este festival, a Escola, quere dar a máxima expresión á arte musical. É de tal xeito, que os grandes compositores da historia da música encontraron a súa mellor inspiración e sabiduría na súa obra camerística, deixándonos un largo legado de obras mestras disfrutadas con apego nos últimos séculos e por públicos moi variados.

É tamén a música de cámara onde o intérprete demostra a verdadeira valía coma músico e onde o público, grazas a intimidade e cercanía que inspira este repertorio, experimenta como nunca uns momentos de comunión coa música.

O FeCam é unha festa da música onde o público e intérpretes disfrutarán e celebrarán a música de cámara de distintos compositores e de todos os tempos. E un pequeno inicio para dar cita a un público que comence a deleitarse coa beleza e profundidade deste arte, e, dende a música que fan os alumnos da Escola Municipal de Música Magariños.

AUDICIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE

A Escola Municipal de Música Magariños vai celebrar os próximos días 22, 23 e 24 de marzo as audicións trimestrais e coma remate da avaliación.

As audicións consistirán na interpretación dunha peza de carácter solista dos diferentes instrumentos que compoñen a oferta instrumental do centro e pertencentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) dos niveis II e III.

As audicións terán lugar na Aula 6 do Centro en horario de 18:30 ata as 19:30. A relación de alumnos que participaran nas distintas audicións pódese visualizar na sección de Área-Comunicación-Calendario de Audicións.

As clases quedaran suspendidas durante a celabración das distintas audicións.

I CONCERTO DE ENTROIDO 2011

O pasado 4 de marzo no auditorio do Centro Social Polivalente estivo cheo de festa e color a cargo dos máis novos da Escola Municipal de Música Magariños. Os nenos e nenas da área de música e movemento da Escola ofreceron un concerto como parte da celebración do Concerto de Entroido 2011 e baixo a atención da súa mestra Elisa Costoya Rodríguez.

O Concerto comenzou ás 18:30 horas cun repertorio de danzas e de música popular ambientada nas festas do Entroido. Baixo a maxia e color dos máis pequenos invitou aos asistentes a disfrutar destes grandes pequenos artistas que non tiveron medo escénico e pola contra gran valía artística.

SECRETARÍA | ACREDITACIÓN

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

PRESENTACIÓN DA WEB

11/02/2011

Presentamos a nova web da escola de música.

Pasados xa anos dende que se puxo en funcionamento a Escola de Música do Concello de Brión, xa era hora de integrarse no mundo das novas tecnoloxias e ter este medio tan fabuloso de darnos a coñecer virtualmente a todo o mundo.

SECRETARÍA | SERVIZOS | ESTADÍSTICA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AXENDA CULTURAL


Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index


AXENDA ARTÍSTICA

Máis información na seguinte dirección www.esmumagarinos.wix.com/index

BIBLIOTECA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | SERVIZOS | UTILIZACIÓN DAS SALAS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | HORARIO 2013/2014

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | ADMINISTRACIÓN XERAL | LISTAS AGARDA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | ADMINISTRACIÓN XERAL | MATRICULACIÓN

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index


MATRÍCULA CURSO 2014/2015
Reserva de praza. Alumnos matriculados no presente curso 2013/2014 e queran renovar a matrícula para o vindeiro curso 2014/2015. Dende o 1 de abril ata o 9 de maio ambos os dous inclusive.

- Normas Xerais.
- Impreso de solicitude.

Nova Admisión. Os alumnos de nova admisión para o vindeiro curso 2014/2015, o prazo de formalización de matrícula extenderase dende o 16 de xuño ata o 24 de xullo ambos os dous inclusive. Ata o 17 de outubro permancerá aberto o prazo de inscrición nas especialidades que non se cubriran as prazas ofertadas no periodo correspondente de matriculación.

- Normas Xerais.
- Impreso de solicitude.
- Prazas ofertadas.
- Información Académica.
- PEEM (Plan Educativo de Ensinanzas Musicais). 
- Taxas, prezos e bonificacións.
- Cartel.
- Díptico.

LISTADOS DE ADMITIDOS E DE AGARDA

Música e Movemento

- Pre-Iniciación Musical.
- Música e Movemento 2º.
- Música e Movemento 3º.
- Música e Movemento 4º.
- Música e Movemento 5º.

Itinerario Clásico

- Clarinete.
- Frauta Traveseira. 
- Guitarra. 
- Piano. 
- Saxofón.
- Trombón. 
- Trompeta/Fliscorno.  

Itinerario Moderno

- Piano.
- Baixo eléctrico. 

Itinerario Tradicional 

 - Gaita.

HORARIOS

Asignaturas Colectivas

- Música e Movemento. 
- Agrupacións Instrumentais e Corais. 
- Linguaxe Musical.
- Harmonía e Análise Musical. 


CALENDARIO E HORARIO AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS (1º TRIMESTRE)

Itinerario Clásico

- Banda de Música Magariños.
- Ensamble de Clarinetes.
- Orquestra de Guitarras.  
- Ensamble de Saxofóns. 
- Orquestra de Frautas. 

Itinerario Moderno

- Combo.

Itinerario Tradicional

- Banda de Gaitas.   

GRUPOS CURSO 2014/2015

PEX | Nivel I

- Curso 1º.
- Curso 2º.
- Curso 3º.
- Curso 4º.
- Curso 5º. 

PEX | Nivel II

- Curso 1º.
- Curso 2º.
- Curso 3º.
- Curso 4º.
- Curso 5º.

PEX | Nivel III

- Curso 1º.
- Curso 2º.
- Curso 3º.

PEA | Nivel I

- Curso 1º.
- Curso 2º.
- Curso 3º.

- Curso 5º. 

PEA | Nivel II


- Curso 2º.
- Curso 3º.
- Curso 4º.

PEA | Curso Mantemento

- Curso 1º.

SECRETARÍA | DOCUMENTACIÓN

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | ADMINISTRACIÓN XERAL | TAXAS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

SECRETARÍA | ADMINISTRACIÓN XERAL | BAIXAS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | PRODUCCIÓN | A ESCOLA EN ITINERANCIA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | PRODUCCIÓN | XORNADAS MUSICAIS SANTA CECÍA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | PRODUCCIÓN | AGRUPACIÓNS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | PRODUCCIÓN | SALA DE CONCERTOS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | COMUNICACIÓN | A ESCOLA NOS MEDIOS


CURSO 2012/2013

Gran concierto final de curso, de la escuela de música Magariños
El Ideal Gallego | 06/06/2013

Concerto dos pequenos de Magariños
El Corrreo Gallego | 04/06/2013


Beethoven protagonizará o II Ciclo de Cine e Música da Escola Municipal de Música Magariños
Radio Obradoiro | 02/05/2013


Matrícula en la escuela de música
La Voz de Galicia | 02/04/2013

As matrículas da Escola de Música de Brión poderanse facer dende o día 10
El Corrreo Gallego | 03/04/2013


Terceiro festival de música de cámara da escola Magariños
El Corrreo Gallego | 25/03/2013

Tercera edición do concerto de cámara da Escola de Música
Santiago y Comarca | 22/03/2013


Terceiro festival de música de cámara
La Voz de Galicia | 19/03/2013

III Festival de música de cámara comenza este venres 22
Radio Obradoiro | 18/03/2013

A Escola Municipal de Música Magariños organiza o III Festival de Música de Cámara
Noticiero Galego | 18/03/2013

Concerto de Entroido dos alumnos da Escola Municipal de Música Magariños de Brión
El Corrreo Gallego | 14/02/2013




Concerto gratuito de Nadal
La Voz de Galicia | 12/12/2012

Un concerto e o filme -Billy Elliot- pechan o Santa Cecía en Brión
El Corrreo Gallego | 22/11/2012

Intenso programa das xornadas musicais
La Voz de Galicia | 21/11/2012

Recital gratuito de guitarra clásica a cargo de Xosé Guzmán
La Voz de Galicia | 26/10/2012

CURSO 2011/2012

Brión recupera el Himno de Santa Minia en el acto de fin de curso de la escuela de música
La Voz de Galicia | 19/06/2012

Ciclo dedicado a Bach en Brión
Tierras de Santiago | 01/05/2012

Las jornadas musicales de Brión incluyen conciertos, clases y charlas
La Voz de Galicia | 25/10/2011

Abierta la matrícula para la escuela de música de Brión
Tierras de Santiago | 28/06/2011

Brión amplia el plazo para la matrícula de los programas de conciliación
La Voz de Galicia | 23/06/2011

Abierto el plazo para la escuela de música de Brión
El Correo Gallego | 21/06/2011

CURSO 2010/2011

Alrededor de 150 vecinos de Brión acudieron al cierre de la Escuela de Música Municipal
Tierrras de Santiago | 06/06/2011

Músicos en ciernes
La Voz de Galicia | 01/06/2011

Los pequeños de Brión desarrollan su música
El Correo Gallego | 29/05/2011

Más de un centenar de vecinos acuden al festival de música de cámara
Tierrras de Santiago | 25/04/2011

La chelista Alejandra Díaz entusiasmo a los brioneses
Tierrras de Santiago | 18/04/2011

Máis dun centenar de veciños de Brión arroupan aos alumnos da Escola Magariños no seu primeiro Festival de Música de Cámara
Santiago y Comarca | 18/04/2011

Alumnos da Escola Municipal de Música Magariños ofrecen hoxe venres en Brión un festival de música de cámara
Santiago y Comarca | 14/04/2011

Alenjandra Díaz ofrece un recital en Brión
La Voz de Galicia | 08/04/2011

Tres cursos en las jornadas de música Santa Cecía de Brión
El Correo Gallego | 26/10/2010

CURSO 2009/2010

Brión estrena un Espazo das Artes y la escuela de música
La Voz de Galicia | 19/12/2009

Espacio para el arte y aulas en Pedrouzos
El Correo Gallego | 19/12/2009

Brión se volcará con el Día de Santa Cecilia con cuatro jornadas abiertas a ochenta vecinos
Tierras de Santiago | 26/10/2009

Actividades deportivas y culturales en Brión para todas las edades
El Correo Gallego | 08/09/2009

Deportes, música y danza centran centran el programa cultural para este curso
La Voz de Galicia | 01/09/2009

Las tarifas de la escuela de música de Brión entre los 40 y 60 euros anuales
La Voz de Galicia | 25/06/2009

CURSO 2008/2009

Abre el plazo para inscribirse en la escuela de música de Brión
La Voz de Galicia | 28/06/2008

CURSO 2007/2008

Los alumnos de la Escuela de Música de Brión celebran el fin de curso con 60 actuaciones
La Voz de Galicia | 01/06/2008

El municipio homenajeará a la patrona de los músicos con un programa de cinco actuaciones
La Voz de Galicia | 17/1/2007

Brión se prepara para un otoño de música, teatro, magia y cine digital

Tierras de Santiago | 30/10/2007

A Escola de Música oferta clases de nueve instrumentos al incluir la gaita para este curso
La Voz de Galicia | 13/09/2007

CURSO 2006/2007

La Escuela Municipal de Música de Brión ya entró en funcionamiento
Tierras de Santiago | 21/11/2006

AREAS | COMUNICACIÓN | CALENDARIO AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS CURSO 2013/2014

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | COMUNICACIÓN | CALENDARIO AUDICIÓNS

AUDICIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE 2013/2014
 

Audición 1: Relación de Alumnos

Día: 17 de marzo.
Hora Comenzo: 18:30.
Hora Finalización:19:30.
Departamento: Área de Música e Movemento. 

Audición 2: Relación de Alumnos

Día: 18 marzo. 
Hora Comenzo: 18:30. 
Hora Finalización: 19:30. 
Departamento: Área de Música de Cámara.

Audición 3: Relación de Alumnos

Día: 19 de marzo. 
Hora Comenzo: 18:30. 
Hora Finalización: 19:30. 
Departamentos: Áreas de música e movemento e instrumental. 

Audición 4: Relación de Alumnos

Día: 20 de marzo.
Hora Comenzo: 18:00. 
Hora Finalización: 19:00. 
Departamentos: Área instrumental.

Audición 5: Relación de Alumnos

Día: 21 de marzo. 
Hora Comenzo: 18:30. 
Hora Finalización: 19:30. 
Departamentos: Área instrumental. 
 

AREAS | COMUNICACIÓN | CIRCULARES

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

AREAS | COMUNICACIÓN | CALENDARIO ESCOLAR

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | PEC

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index 

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | OFERTA EDUCATIVA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | PLAN EDUCATIVO

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | REGULAMENTO DE REXIME INTERNO

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | ORGANIGRAMA | COMISIÓN COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | ORGANIGRAMA | PROFESORADO

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | INFORMACIÓN ACADÉMICA | OBXECTIVOS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | ORGANIGRAMA | EQUIPO DIRECTIVO

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | MISIÓN, VISIÓN E OBXECTIVOS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | O CENTRO

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ESCOLA | PRESENTACIÓN

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

BOLETÍN ESCOLAR CANTUS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

ATENCIÓN AO CIDADÁN

Grazas, a túa dúbida foi correctamente enviada!

Nun breve prazo serache enviada a resposta ao teu correo electrónico

GALERÍA MULTIMEDIA

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index

FONDO MAGARIÑOS

Máis información na direción www.esmumagarinos.wix.com/index