Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

RECITAL DE GUITARRA CLÁSICA

O próximo 6 de maio ás 20:00 horas na Escola Municipal de Música Magariños o profesor do centro Damián Cairo Touriño ofrecerá un recital de guitarra clásica. O recital se desenvolverá na Aula 6.

Damián Cairo Touriño e natural da Coruña e formouse no Conservatorio de Coruña na especialidade de guitarra clásica. Ademáis e titulado pola The Associated Board of the Royal Schols of Music tamén na especialidade de guitarra.

PROGRAMA

Renacemento e barroco

-Cantiga de Alfondo X o Sabio.
-Españoleta (Gaspar Sanz).
-Minueto (Robert de Viseè).
-Capricho (J. A. Logy).

Romanticismo

-Lágrima (F. Tárrega).
-Adelita (F. Tárrega).
-Nocturno nº 1 (J. K. Mertz).
-Nocturno nº 2 (J. K. Mertz).

Época Moderna

-Adagio (Stèpan Rak).
-Preludio nº3 (H. Villa-Lobos).
-Preludio nº4 (H. Villa-Lobos).
-Estudios sinxelos (I ao VI) (Leo Brower).

I FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2011

O vindeiro 15 de abril dará lugar ao I Festival de Música de Cámara (FeCam) organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. O festival corerrá a cargo do alumnado do centro e pertencente ao PEX (Plan Educativo Xeral), e se desenvolverá no auditorio do Centro Social Polivalente ás 20:00 horas.

Con este festival, a Escola, quere dar a máxima expresión á arte musical. É de tal xeito, que os grandes compositores da historia da música encontraron a súa mellor inspiración e sabiduría na súa obra camerística, deixándonos un largo legado de obras mestras disfrutadas con apego nos últimos séculos e por públicos moi variados.

É tamén a música de cámara onde o intérprete demostra a verdadeira valía coma músico e onde o público, grazas a intimidade e cercanía que inspira este repertorio, experimenta como nunca uns momentos de comunión coa música.

O FeCam é unha festa da música onde o público e intérpretes disfrutarán e celebrarán a música de cámara de distintos compositores e de todos os tempos. E un pequeno inicio para dar cita a un público que comence a deleitarse coa beleza e profundidade deste arte, e, dende a música que fan os alumnos da Escola Municipal de Música Magariños.

AUDICIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE

A Escola Municipal de Música Magariños vai celebrar os próximos días 22, 23 e 24 de marzo as audicións trimestrais e coma remate da avaliación.

As audicións consistirán na interpretación dunha peza de carácter solista dos diferentes instrumentos que compoñen a oferta instrumental do centro e pertencentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) dos niveis II e III.

As audicións terán lugar na Aula 6 do Centro en horario de 18:30 ata as 19:30. A relación de alumnos que participaran nas distintas audicións pódese visualizar na sección de Área-Comunicación-Calendario de Audicións.

As clases quedaran suspendidas durante a celabración das distintas audicións.