Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

RECOÑECEMENTO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

A Orde do 13 de maio de 2011 e publicado no DOG Núm. 104 do 31 de maio de 2011, autoriza a inclusión da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Escola Municipal de Música Magariños acada así a avaliación de conformidade cos requisitos da Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regula as condicións de creación e funcionamento das Escolas de Música e Danza en Galicia.

O centro cumpre deste xeito cos requisitos de infraestructura, profesorado e do proxecto educativo que dende hai varios anos ven traballando con moito éxito. O centro contará a partir de agora cun proxecto en continua avaliación que repercutirá na calidade do servizo prestado dende a Escola e, en definitiva, nos usuarios da Escola Municipal de Música Magariños.

MATRICULA CURSO 2011/2012

A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso 2011/2012 para os alumnos de nova admisión.

O período de matrícula abrangue dende o 20 de xuño ata o 15 de xullo ámbolos dous inclusive. Os impresos e demáis documentación para a formalización da matrícula estarán a disposición dos interesados a partir do 20 de xuño na secretaría en horario de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres, e, os martes de 16:00 a 19:00 horas. Ademáis, estarán dispoñibles na web da Escola.

A matrícula na Escola Municipal de Música Magariños só a poderán cursar alumnos e alumnas empadroados no Concello de Brión. No caso de non ser cubertas as prazas ofertadas serán cubertas por alumnos non empadroados no Concello de Brión.

Os alumnos do curso pasado disporán da mesma praza que ocuparon o curso anterior e non terán que facer a matriculación. No caso de que o alumno solicite a matrícula nunha especialidade diferente á realizada no curso 2010/2011 admitiráse por baremo no período de matriculación de nova admisión.

Para os alumnos que se matriculan por primeira vez as solicitudes admitiránse en función das prazas vacantes e por baremo establecido no Regulamento de Réximen Interno. No caso de non poder contar cunha praza ao inicio do curso quedarán en lista de espera.

- Relación de prazas de novo ingreso 2011/2012.
- Normas Xerais de Matriculación.
- Impreso de Matrícula.
- Información Académica.
- Baremo (Regulamento de Réximen Interno).
- Taxas, descontos e becas (previstas).
- Díptico.
- Cartel.