Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

AUDICIÓNS | PRIMEIRO TRIMESTRE 2011/2012

Entre os días 14 e 17 de novembro celebraránse as audicións correspondentes co primeiro trimestre deste curso 2011/2012. Coma novidade importante nestas audicións, será a participación nelas do alumnado do PEX do Nivel I. Ademáis, os alumnos de Obradoiro Pre-Iniciación Musical tamén terán que participar.

O calendario destas audicións será o seguinte:

- Audición 1 | Luns 14 | Hora: 18:30-19:00.
- Audición 2 | Martes 15 | Hora: 18:30-19:30.
- Audición 3 | Mércores 16 | Hora: 18:00-19:00.
- Audición 4 | Xoves 17 | Hora: 18:30-19:30.

As audicións son obrigatorias para o alumnado do PEX xa que forma parte da programación curricular. Par coñecer a relación de alumnos nas distintas audicións visualiza a sección Áreas | Comunicación | Calendario Audicións.

Por outra banda, as clases que coincidan total ou parcialmente quedarán suspendidas xa que todo o profesorado estará de tribunal nas audicións.

AXENDA ARTÍSTICA | PRIMEIRO TRIMESTRE 2011/2012

A Axenda Artística para o primeiro trimestre deste curso 2011/2012 terá coma protagonista a producción propia coma a producción allea á Escola.

Por un lado, no que atinxe a programación propia da Escola, dende o 14 ao 18 de novembro terá lugar as primeiras audicións correspondentes ao primeiro trimestre deste curso 2011/2012. Nas audicións participarán os alumnos correspondentes ao Plan Educativo Xeral (PEX) tendo coma sede a Escola Municipal de Música Magariños. O desenvolvemento das audicións terá lugar en catro sesións pasando por todos os niveis educativos, dende o Nivel I ata o Nivel III. O acceso será limitado ao alumnado do centro. Máis información na sección Área | Comunicación | Calendario Audicións onde poderáse atopar o calendario e a relación de alumnos participantes.

Por outra banda, como xa é habitual nestas datas de celebración musical, o centro contará coa producción das III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011. Nesta edición contará co seguinte cartel:

1. Curso Iniciación á Percusión. Profesor: José Vicente Faus Faus, timbal da Real Filharmonía de Galicia.
2. Conferencia da Música Tradicional Galega nos séculos XIX e XX. Ponente: Pablo Carpintero.
3. Concerto Didáctico do grupo de metais "Santa Cecía".

Mais información sobre as III Xornadas Musicais Santa Cecía 2011 pinchando aquí.