Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

FELIZ NADAL 2012


As vacacións de Nadal chegan á Escola Municipal de Música Magariños. Dende o próximo día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro ámbolos dous inclusive haberá vacacións na Escola.

A partir do luns 8 de xaneiro estaremos de volta cun novo ano 2013 con moitos proxectos que fagan que a música sexa o noso punto de encontro.

¡Feliz Nadal e prospero aninovo a tod@s!
Claustro de profesores da Escola Municipal de Música Magariños


CONCERTO DE NADAL 2012

A Escola Municipal de Música Magariños organiza o Concerto de Nadal 2012. A cita artística terá lugar o vindeiro 20 de decembro ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Social Polivalente. 

O programa deste concerto terá un repertorio navideño que porán sobre o escenario os máis pequenos da Escola como tamén os diferentes instrumentistas do centro.

A entrada é de balde ata completar o aforo.

IV XM SANTA CECÍA 2012 | CAMBIOS HORARIOS



As IV Xornadas Musicais Santa Cecía 2012 organizadas pola Escola Municipal de Música Magariños cambia os horarios e datas e da programación por motivos técnicos e alleos ao centro.

A programación das IV Xornadas Musicais Santa Cecía 2012 teñen o seguinte calendario definitivo: 

Concerto Didáctico “Grupo de Metais Santa Cecía”

Día: 21 novembro
Hora: 19:30 horas.
Espazo Escénico: Sala de Exposicións (Casa da Cultura).

Ciclo de Cine Música e Danza: Billy Elliot

Día: 23 novembro
Hora: 20:00 horas.
Espazo Escénico: Aula 5 da Escola Municipal de Música Magariños. 

Charla “As grandes obras mestras da historia da música”

Esta actividade queda cancelada por motivos técnicos.


As clases da Escola Municipal de Música Magariños quedan suspendidas durante hora e media ata rematar cada actividade

AUDICIÓNS PRIMEIRO TRIMESTRE


O calendario das audicións deste primer trimestre do curso 2012/2013 se celebrarán entre os días 26 e 30 de novembro. Os horarios e a relación dos alumnos quedan expostos nos taboleiro da Escola como tamén na web na sección Áreas | Comunicación | Calendario Audicións.

Os horarios das audicións son os seguintes:

Audición 1: luns 26 de novembro (18:00-18:30 horas). 
Audición 2: martes 27 de novembro (18:30-19:30 horas).
Audición 3: mércores 28 de novembro. (18:30-19:30 horas).
Audición 4: xoves 29 de novembro (18:30-19:30 horas).
Audición 5: venres 30 de novembro (18:30-19:30 horas).

Durante a realización das audicións as clases que coincidan parcial ou totalmente quedarán suspendidas.