Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

II FESTIVAL DE CÁMARA | FECAM 2012

A Escola Municipal de Música Magariños organiza o II Festival de Música de Cámara | FeCam 2012. O Festival correrá a cargo dos alumnos da Escola e correspondentes aos Niveis II e III e, que terá lugar o vindeiro 30 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Social Polivalente de Brión. A entrada será de balde ata completar o aforo do espazo escénico.

A música de cámara é un xénero que naceu da música académica, escrita para un pequeno grupo de instrumentos, que tradicionalmente podían ser ubicados nunha sala palaciega. As características que definen a música de cámara son esencialmente dúas. Por un lado, cada músico toca unha parte diferente e, por outra banda, non existe a figura dun director. Os músicos deben estar ubicados de maneira de que teñan visualización os uns dos outros para mellorar a coordinación entre eles. O término cámara ten unha implicación de que se pode tocar nunha habitación, o que desenvolve polo tanto unha átmosfera de maior intimidade. De feito, en italiano, cámera, significa para a habitación.

Con este II FeCam 2012, a Escola Municipal de Música Magariños ten coma obxectivo por en alza o repertorio camerístico que dende as aulas se ven traballando dende xa fai varios anos.