Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

CALENDARIO E HORARIOS CURSO 2012/2013

A Escola Municipal de Música Magariños acaba de publicar os horarios e o calendario de asignaturas colectivas para o vindeiro curso 2012/2013. Ademáis, estan dispoñibles as listas de admitidos e de espera dos alumnos de nova admisión.

Pódese consultar información relativa a:

- Admitidos e listas de espera.
- Listado de grupos por nivel e curso.
- Relación de alumnos por agrupación instrumental.
- Horarios de asignaturas colectivas (música e movemento, pre-conxunto coral, linguaxe musical, conxunto coral e agrupacións instrumentais).

Os alumnos que se atopen en lista de espera, poden comenzar o curso coma oíntes asistindo ás asignaturas colectivas e non terán que aboar as taxas ata que se incorporen como alumnos activos ao obter a praza na especialidade correspondente. Existe tamén a posibilidade de comenzar cunha especialidade distinta a solicitada na matriculación e segundo as prazas vacantes polo centro. Para iso deberá ser notificado en secretaría.

Os horarios de asignaturas instrumentais serán no mes de setembro no horario seguinte:

- Alumnos antigos (especialidade piano): 11 de setembro (16:00 a 18:00 horas).
- Alumnos antigos (especialidades vento-metal): 11 de setembro (18:00 a 19:00 horas).
- Alumnos antigos (especialidade guitarra): 12 de setembro (16:00 a 18:00 horas).
- Alumnos antigos (especialidades clarinete, frauta traveseira e saxofón): 12 de setembro (18:00 a 19:00 horas).
- Alumnos novos (todas as especialidades): 13 de setembro (16:00 a 19:00 horas).

O período de pago da primeira cota trimestral será dende o 3 de setembro ao 14 de setembro ambos os dous inclusive.

Máis información

REMATA O PRAZO DE MATRICULACIÓN DE NOVA ADMISIÓN

O pasado día de 17 de xullo rematou o prazo de solicitude de Nova Admisión para o vindeiro curso 2012/2013 da Escola Municipal de Música Magariños. A partir deo 23 de xullo saíran a lista de admitidos e non admitidos nas distintas especialidades como ademáis dos horarios das asignaturas colectivas. Máis información en Secretaría | Administración Xeral | Matriculación.

Para aqueles alumnos que queran formalizar a solicitude de matrícula aínda quedan prazas dispoñibles nas seguintes especialidades:

- Obradoiro Pre-Iniciación Musical: 1.
- Música e Movemento 1º: 2.
- Música e Movemento 2º: 2.
- Música e Movemento 3º: 4.
- Música e Movemento 4º: 3
- Piano: 4.
- Clarinete: 1.
- Saxofón: 3.
- Trompeta/Fliscorno: 1.
- Trompa: 4.
- Trombón: 4.
- Tuba/Bombardino: 2.