Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

AXENDA ARTÍSTICA | 1º TRIMESTRE

A programación da Axenda Artística do primeiro trimestre do curso 2012/2013 da Escola Municipal de Música Magariños inclúe concertos, audicións e as IV Xornadas Musicais Santa Cecía. 

Entre as novidades para este primeiro trimestre e o concerto inaugural que foi o 17 de setembro a cargo da formación coral Vox Principalis e o concerto de nadal a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música Magariños. 

Máis información na sección Axenda Artística.

SUSPENSIÓN DAS CLASES

Con motivo da Romaría de Santa Minia, que se celebra os días 26 e 27 de setembro, a Escola Municipal de Música Magariños pechará as súas portas durante estes días tan sinalados, nos que o entorno da Escola  acolle unhas das festas con máis soa da comarca.
 
Os veciños e visitantes poderán gozar de dous días de celebracións  cun ambiente festivo sen igual, que se prolonga dende a mañá ata a noite.
 
Ademais dos actos litúrxicos e a tradicional verbena, ao longo da xornada terán lugar actuacións musicais e teatrais na entorna da carballeira.

Consulta toda a información en: http://santaminia.blogspot.com.es/

ACTO INAUGURAL CURSO 2012/2013

O novo curso 2012/2013 da Escola Municipal de Música Magariños comenza o vindeiro 17 de setembro cun Acto Inaugural no salón de actos do Centro Social Polivalente.

A cita comenzará cunha charla informativa por parte dos profesores ás 18:00 horas e a continuación haberá un concerto coral a cargo da formación Vox Principalis e baixo a dirección de Luis Martínez.

Vox Principalis nace no seo do coro Vox Stellae, sendo un conxunto de voces agudas, non estrictamente femeninas, que permite interpretar o abundante repertorio escrito para este tipo de formación, non sempre suficientemente coñecido e difundido.

PROGRAMA

Codex Calixtinus (S. XIII) Atrib. Magister Albertus Parisiensis

Conductus: Congaudeant Catholici

Libre Vermell (S. XIV)

Danza: Stella Splendens in monte

Cantigas de Santa María (S. XIII)

En todo tempo faz ben (CSM111)

Sedano (S. XV)

Viejo malo en la mi cama

Cancioneiro de Uppsala (S. XVI)

Yo me soy la morenica

Michelangelo Grancini (1605-1669)

Dulcis Christe

Claudio Monteverdi (1567-1643)

Iste Confessor

Wolfgang A. Mozart (1756-1791)

Zur eröffnung der Logenversammlung KV483

Zum Schluss der Logenversammlung KV484

Joachim Kelecom (1977)

Magnificat

Sonia Megías (1982) (arr.)

Deusa Antiga

Bruno Coulais (1954)

Caresse sur l’ocean


INTÉRPRETES

Sopranos: Aida López, Noa Outomuro, Sara Moreno

Mezzosopranos: Irma Moreno, Ana Pazos (corneto), Cristina Taboada (piano)

Altos: Óscar Mato (guitarra), Daniel Canosa (violonchelo)

Dirección: Luís Martínez (frauta de pico)

COMENZO DO CURSO 2012/2013

A Escola Municipal de Música Magariños abre as portas ao novo curso 2012/2013. Dende o 3 ata o 16 de setembro a secretaría do centro permancerá aberta no seguinte horario para a xestión de matrículas, pagos, horarios e máis información que se precise:

- De luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas.
- Martes en horario de 16:00 a 19:00 horas.

O calendario do comenzo do curso é o seguinte:

- Pago das taxas do primeiro trimestre: ata o 15 de setembro.
- Probas de acceso ao sistema educativo: 5 de setembro ás 16:00 horas.
- Elección horario de instrumento de piano (alumnos antigos): 11 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas.
- Elección horario de instrumento de vento-metal (alumnos antigos): 11 de setembro en horario de 18:00 a 19:00 horas.
- Elección horario de instrumento de guitarra (alumnos antigos): 12 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas.
- Elección horario de instrumento de clarinete, frauta traveseira e saxofón (alumnos antigos): 12 de setembro en horario de 18:00 a 19:00 horas.
- Elección horario de instrumento de todas as especialidades instrumentais: 13 de setembro en horario de 16:00 a 19:00 horas.

O comenzo do curso será o vindeiro día 17 de setembro cunha reunión informativa ás 18:00 horas e a continuación ás 20:00 horas cun concerto inaugural a cargo da formación coral Vox Principalis, sección femenina de Vox Stellae.