Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

10 ANOS DE MÚSICA

Bota a andar o curso 2013/2014 coa efeméride do 10º Aniversario da Escola Municipal de Música Magariños dende que botou andar o PEEM [Plan Educativo de Ensinanzas Musicais] alá polo curso 2003/2004.
 
10 anos de música e logrando paseniño a paseniño moitos avances na calidade educativa dun centro adicado á formación musical cun carácter eminentemente púlico. No ano 2011 o centro acada o recoñecemento como Centro Oficial [Código do centro: 15032753] ao ser incluida dentro do rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Na actualidade o centro conta cunha matrícula anual de máis de 180 alumnos e alumnas activos matriculados nas distintas especialidades ofertadas. Cunha formación dirixida a nenos que van dende os 3 anos de idade ata adultos sen límite de idade.
 
Os eixos principais do centro se recollen en catro bloques:
 
1. Área de Música e Movemento: adicado aos máis novos e conta con asignaturas como pre-iniciación musical, música e movemento e orquestra infantil.
 
2. Formación Instrumental: cunha oferta de nove especialidades que vai dende o piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trompa, trombón, tuba/bombardino, clarinete, saxofón e frauta traveseira.
 
3. Formación Complementaria: destinados a unha formación musical máis alá da formación instrumental, o centro conta con asignaturas coma linguaxe musical e harmonía e análise musical.
 
4. Agrupacións Instrumentais: considerado un dos eixos que dende o centro queremos desenvolver estratéxicamente de cara ao futuro, ano tras ano vai aumentando o número de agruapacións tanto corais coma instrumentais. Na actualidade conta coas seguintes agrupacións: conxunto coral I, conxunto coral II, conxunto coral III, banda de música Magariños, ensamble de clarinetes e saxofóns, orquestra de guitarras e tamén de frautas.
 
O presente curso 2013/2014 comenza con varias novidades importantes que veñen a mellorar a calidade na educación musical levada polo Concello de Brión en xeral e da Escola Municipal de Música Magariños en particular:
 
1. No segundo ciclo da área de música e movemento incorporase a asignatura de Orquestra Infantil que, destinada aos alumnos de 6 e 7 anos, ten coma obxectivo o de comenzar a traballar cun instrumento e dentro dunha formación colectiva e grupal.
 
2. A partir do segundo curso do Nivel III do PEX (Plan Educativo Xeral) se incorpora a asignatura de Harmonía e Análise Musical. Cun itinerario de catro anos intenta abarcar o traballo de comprensión musical tanto a nivel horizontal coma vertical. Todo elo incluindo ademáis á análise de obras musicais dende diferentes aspectos estructurais, témáticos, harmónicos, etc.
 
3. Aumento do tempo lectivo para aos alumnos a partir do curso 2º do Nivel III.
 
4. Maior número de produccións artísticas e coma protagonistas os alumnos e alumnas da Escola.
 
En definitiva, este curso 2013/2014 dende a Escola queremos celebrar os parabéns do centro con moita música e que os 10 anos de música continúen mellorando ano tras ano tanto na calidade do servizo como na calidade da aprendizaxe. Deste xeito, repercutirá positivamente na formación dos usuarios que acotío acoden ao centro como tamén na vitalidade cultural do Concello de Brión.    

COMENZO CURSO 2013/2014

COMENZO CURSO 2013/2014

O vindeiro curso 2013/2014 comenza o próximo 16 setembro cun acto oficial ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Social Polivalente. Rematará cun concerto a cargo do Cuarteto Vocal  coruñés LaCama.

A relación de alumnos e calendario das asignaturas colectivas están publicadas dende o mes de xullo tanto no taboleiro da Escola coma na sección Secretaría | Administración Xeral | Matriculación.   

En canto a elección de horarios de instrumento é o seguinte: 

- Piano: luns, 9 de setembro (16:00 ata 18:00 horas).
- Trompeta/Fliscorno: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Trompa: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Trombón: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Tuba/Bombardino: luns, 9 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Guitarra: martes, 10 de setembro (16:00 ata 18:00 horas).
- Clarinete: martes, 10 de setembro (18:00 ata 19:00 horas).
- Saxofón: mércores, 11 de setembro (16:00 ata 17:00 horas). 
- Frauta Traveseira: mércores, 11 de setembro (17:00 ata 18:00 horas). 

O pago de taxas correspondente ao primeiro trimestre deste curso 2013/2014 extenderase dende o 2 de setembro ata o 4 de outubro, ámbolos dous inclusive. A forma de pago é por Autoliquidación ou ben Transferencia Bancaria. En ámbolos dous casos será necesario presentar un xustificante de pago na Escola. 

Para máis información a Secretaría do centro permancerá aberta dende o 2 de setembro ata o 15 de setembro no seguinte horario de atención ao público: 

- De luns a venres dende ás 10:00 horas ata as 13:00 horas. 
- Martes dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.