Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

III Concerto de Entroido

A Escola Municipal de Música Magariños a través da Área de Música e Movemento organiza o III Concerto de Entroido 2013 para o vindeiro 8 de febreiro. A cita terá lugar ás 18:00 horas no Sala de Actos do Centro Social Polivalente.

Os máis pequenos da Escola poñen enriba do escenario as habilidades musicais e os ritmos traballados ao longo do curso nun ambiente cheo de color e moita música. Participaran dende os alumnos de 3 anos ata os de 7 anos. 

O concerto terá unha programación chea de cancións e danzas que faran as delicias dos pais e nais coma do público en xeral. 



PAGO SEGUNDA COTA TRIMESTRAL

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderase dende o día 8 de xaneiro ata o 6 de febreiro ambos os dous incluídos.

A forma de pago é o de Autoliquidación no banco. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:00 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Xoves (11´00-12´00 horas)
Luns a Mércores (16´00-17´00 horas)
Xoves (15´30-16´30 horas)

Dirección
Martes (11´00-12´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberáse entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.

Outra forma de pago e por Transferencia Bancaria (contas do Concello de Brión). Igualmente deberanse entregar os xustificantes de transferencia en Secretaría ou ben aos profesores. 


CONTAS BANCARIAS
Nova Caixa Galicia: 2091 0327 07 3110000016
Banco Gallego: 0046 0017 75 0000027701

CALENDARIO AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS

A Escola Municipal de Música Magariños xa ten publicados o Calendario de Agrupacións Instrumentais coma tamén a relación de alumnos correspondente ao segundo trimestre deste curso 2012/2013. 

As Agrupacións Instrumentais para este segundo trimestre son as seguintes:

- Banda de Música Magariños.
- Orquestra de Guitarras.
- Orquestra de Frautas.
- Ensamble de Clarinetes.
- Ensamble de Saxofóns.

Pódese consultar os horarios e o calendario na sección Áreas | Comunicación | Calendario de Agrupacións Intrumentais.