Escola Municipal de Música Magariños Xa non estamos nesta dirección

Pincha no enlace para ver a:

NOVA WEB

Copyright © Escola Municipal de Música Magariños

gustache a web

Concello de Brión

VISITAS

Boletín escolar

NOVA WEB

RESERVA DE PRAZA | CURSO 2013/2014

Dende o día 2 de abril ao 10 de maio de 2013, ámbolos dous inclusive, estará aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA na Escola Municipal de Música Magariños, para o próximo Curso Escolar 2013/2014 para os alumnos activos no presente curso escolar.
 
Os impresos e demáis documentación informativa para a formalización da reserva de praza estarán a disposición dos interesados en horario de secretaría e solicitándose aos profesores en horario de clase polas tardes.

A omisión de datos ou a non realización da reserva de praza se subsanarán no prazo establecido para tal efecto. No caso contrario, inmediatamente o alumno perderá a praza para o vindeiro curso 2013/2014. As comunicacións, avisos e demáis información para o vindeiro curso 2013/2014 farase únicamente por vía telemática.

Unha vez formalizada a reserva de praza, os alumnos non terán que realizar ningún tipo de  trámite é únicamente terán que aboar as taxas no período correspondente. Non se prestará ó servizo a aqueles usuarios ou beneficiarios que ao comenzo do curso non aboarán as taxas de matrícula, causando baixa automática no mesmo, e que se lles comunicará mediante resolución do IItmo. Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.

A reserva fai referencia as especialidades cursadas ao longo do curso 2012/2013. Os alumnos de música e movemento de 4º no presente curso terán que escoller unha única especialidade instrumental das ofertadas polo centro. No caso, dunha segunda especialidade destes alumnos o prazo deberase realizar no prazo de nova admisión unha vez rematado o curso escolar 2012/2013.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Impreso de solicitude de reserva de praza.  
- Fotocopia do libro de Familia Numerosa ou certificado de pertencer como membro á Banda Municipal de Música de Brión, no caso de acollerse algunha das reduccións ou descontos según a Ordenanza Fiscal 20-PP reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos. 

DOCUMENTACIÓN

- Impreso de solicitude. 
- Normas Xerais.  

PAGO TERCEIRA COTA TRIMESTRAL

PAGO TERCEIRA COTA TRIMESTRAL 

O pago correspondente ao segundo trimestre extenderase dende o día 2 de abril o ata o 3 de maio ambos os dous incluídos.
A forma de pago é o de Autoliquidación no banco. Pódese solicitar os impresos de autoliquidación aos profesores en horario de clases (dende as 15:00 ata as 22:00 horas) ou ben en horario de atención ao público:

Secretaría
Xoves (11´00-12´00 horas)
Luns a Mércores (16´00-17´00 horas)
Xoves (15´30-16´30 horas)

Dirección
Martes (11´00-12´00 horas)

Xefatura de Estudios
Mércores (10´00-11´00 horas)

Unha vez efectuado o pago deberase entregar na Escola (ben aos profesores ou na secretaría) os xustificantes de pago co que quedaría completado o procedemento das taxas para o segundo trimestre.


Outra forma de pago e por Transferencia Bancaria. Igualmente deberanse entregar os xustificantes de transferencia en Secretaría ou ben aos profesores. 


CONTAS BANCARIAS
Nova Caixa Galicia: 2091 0327 07 3110000016
Banco Gallego: 0046 0017 75 0000027701

III Festival de Cámara | FECAM 2013

O vindeiro 22 de marzo chega o III Festival de Música de Cámara [FECAM 2013] organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Salón do Centro Social Polivalente.
 
Esta nova edición do FECAM 2013 chega despois das dúas edicións anteriores onde ano tras ano, o FECAM vai adquirindo unha personalidade diferenciada dentro da programación do Concello de Brión en xeral e da Escola de Música en particular.

A programación foi diseñada dun xeito moi heteroxéneo tanto en estilos coma de timbres atendendo a oferta instrumental da Escola Municipal de Música Magariños. O programa do Festival de Cámara gustará a todos os públicos grazas ao esforzo e habilidades dos intérpretes da Escola.

A entrada e de balde ata completar o aforo.